Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Ago
1
Ven
Concerto de música folk Seisiún e Peregrino Gris @ A Casa Colorida
Ago 1 @ 22:00 – 23:45

Este venres día 1, ás 22:00, temos sesión de música folk!

Corre a cargo de dos grupos de Costa Rica, Seisiún e Peregrino Gris, que pronto rematarán a súa residencia de unhas 3 semanas na Casa Colorida, a cal foi campamento base na súa xira de concertos pola zona (bota unha ollada nas súas páxinas e flipa con canto rularon).

Nesta sesión festiva, como sempre a #prezo_libre, esperamos contar coa vosa asistencia e colaboración, para que entre todos fagamos que xiras como éstas e intercambios culturais internacionais sexan posibles e sostibles.

Nov
13
Xov
Xornadas Teatro dx Opromidx / Teatro Foro
Nov 13 @ 20:15 – Nov 16 @ 20:00
Xornadas Teatro dx Opromidx / Teatro Foro @ Vigo | Galicia | Spain
“As Ghatas Salvaxes” continuamos coa axitación teatral, por iso, convidámosvos a participar nas Xornadas de Teatro dx Oprimidx / Teatro Foro que terán lugar do 13 ó 16 de Novembro. Información ampliada nos documentos adxuntos.
 
Exposición-debate Aberta e Obradoiro a cargo de Nuria Pahino, activista galega, feminista e ecoloxista social. Comeza a súa formación na técnica do Teatro dxs Oprimidxs no 2009, participando en diversos obradoiros con Sandra Silvestre, Julian Boal e Olivar Bendelak. Complementa a súa experiencia coa danza, danza-terapia e clown. Nos últimos anos ten facilitado obradoros na Galiza e en Portugal para organizacións de mulleres, centros sociais e outros grupos. A compañeira, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara as nosas realidades e a nosa capacidade para transformalas.
Un saúdo,
“As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral – Ecoar, Vigo]
Xan
15
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”
Xan 15 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes" @ Vigo | Galicia | España
As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] arrincan este ano 2015 cun Ciclo de Cine/docu-charlas de moi diversas temáticas de interese socio-cultural. As proxeccións serán todos os 3º xoves de cada mes, por volta das 20:30h, dentro do Ciclo de Cine Temático que, mes a mes, organiza o C.S.A “A Cova Dos Ratos” (r/ Romil nº 3, baixo).
Por este motivo, convidámosvos a todas a asistir e participar desta primeira proxección que terá lugar o vindeiro xoves 15 de Xaneiro baixo o título La Educación Prohibida (Arxentina, 2012), película documental de financiamento colectivo dirixida por German Doin que cuestiona as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, facendo visibles experiencias educativas non convencionais (Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeshooling, entre outras) que suscitan a necesidade dun novo paradigma educativo. O proxecto créase co interese de alimentar o debate social de cara á reflexión sobre as bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.
Agardámosvos a todas pra coñecer e reflexionar colectivamente.
Xan
24
Sáb
Estreo Documentario “CON PES DE CEMENTO”
Xan 24 @ 20:30 – 23:00
Estreo Documentario "CON PES DE CEMENTO" @ Nigrán | Galicia | España
Olá compañeiros e compañeiras: 

Chegou o día. Tras sete anos dende o comezo das entrevistas, o vindeiro sábado 24 de xaneiro estrearemos finalmente “Con Pés de Cemento”, que terá lugar na Casa Colorida, en Nigrán ( rosalía de castro 16, fronte ao parque da U ), ás 20:30.

Haberá birras artesanas, pinchitos, e por suposto, unha sesión aberta para charlar e compartir impresións suxeridas ou suxerentes, a finalizar á proxección.

CON PES DE CEMENTO (Documentario autoproducido)

Da a corrupción urbánistica á xestión forestal, este documentario recolle a voz das persoas que se organizan para defender outro modelo sociedade.
Guión, produción e realización a cargo de Porlanfit Produccións. 

Voz Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodriguez Luaces. Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30”

Pregámosvos difusión…
Unha aperta.
Feb
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”: Mi Hija Hildegart
Feb 19 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes": Mi Hija Hildegart

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:

Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar] 

 

Feb
22
Dom
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA
Feb 22 @ 13:00 – 14:00
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA @ Nigrán | Galicia | España
Ola!
Este domingo 22 de Febreiro á 13:00 temos no espazo da Casa Colorida
unha Obra de Teatro da man do Coletivo Teatro Estepario
coa obra "Teddy Bear, ¿quien robó el osito? " no que alén da obra desenvolven un
mini-obradoiro interativo coas crianzas.

Por se é de interese, podedes mirar máis detalles do evento neste enlace
https://rede.imaxinaria.org/events/event/view/18090/teatro-estepario-teddy-bear-na-casa-colorida

Unha aperta coletiva!
Mar
13
Ven
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán
Mar 13 @ 18:00 – 23:00
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán | Nigrán | Galicia | España

*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​

Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*

Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria​ , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso​ , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida​, Alg-a Lab​ , e Truequelandia​.

Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do #ValMiñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

*18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.

A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga​ , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

*19:30h: **Pausa/Café *

*20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.*

Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

*21:30H: Pausa/Café *

*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña​, autora de “Tesouro de Corcoesto”.*

Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).

*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.

Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!!

Mar
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”- Women Art Revolution: a formerly Secret History
Mar 19 @ 20:30 – 22:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes"- Women Art Revolution: a formerly Secret History @ Vigo | Galicia | España
O xoves 19 de Marzo ás 20:30h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 3ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” desta volta con Women Art Revolution: a formerly Secret History, filme documental que percorre a evolución do movemento artístico feminista nado nos EE.UU no transcurso da década dos 60′. A súa directora, Lynn Hershman Leeson, partícipe activa deste movemento, a través de entrevistas íntimas, obras de arte provocadoras e fragmentos de video raramente vistos ate o momento, conéctanos directamente co que moitas historiadoras consideran o movemento artístico máis significativo de finais do século XX. Women Art Revolution presentouse en Xaneiro de 2011 Festival de Cine de Sundance, baixo a sección New Frontier, e forma parte dun proxecto de transmedia que inclúe unha instalación e a creación dunha páxina web [http://www.womenartrevolution.com/]
Xa saben.. están todas convidadas a coñecer e debater colectivamente sobre a arte en clave feminista!

Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!