Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Anticapitalismo e/ou Antiglobalización

Anticapitalismo e/ou Antiglobalización

Baixo o TTIP, máis de 75.000 empresas poderán dobrega-la vontade dos gobernos

23/05/2015
By

Baixo o TTIP, máis de 75.000 empresas poderán dobrega-la vontade dos gobernos Verónica Gómez | O tratado entre EEUU e Europa suporá o fin do modelo social europeo e un golpe de estado por parte das corporacións que rematará por esnaquiza-las nosas xa precarias democracias. Ata hoxe é preocupante o baixo perfil das novas relacionadas…

Read more »

ISDS, cando o árbitro é xuíz e parte / Gladys Martínez López

07/03/2015
By

ESTE MECANISMO DE ARBITRAXE ATÓPASE EN 3.000 ACORDOS ISDS, cando o árbitro é xuíz e parte Os tratados de libre comercio da UE con EEUU e Canadá inclúen o mecanismo ISDS, que permite ás multinacionais denunciar ós Estados cando as súas regulacións lles prexudican. Gladys Martínez López Imaxinen unha competencia deportiva na que a equipa…

Read more »

Traballo escravo na India: catro grandes empresas españolas están na “lista negra”

07/03/2015
By

Traballo escravo na India: catro grandes empresas españolas están na “lista negra” Salarios de 1,3 euros diarios por 68 horas de traballo á semana, sen contrato, nun ambiente insalubre, sen dereitos básicos. Salarios de 1,3 euros diarios por 68 horas de traballo á semana, sen contrato, nun ambiente insalubre, sen dereitos básicos como a prestación…

Read more »

A insoportábel molestia da nosa saúde / Javier Guzmán

02/03/2015
By
A insoportábel molestia da nosa saúde / Javier Guzmán

A insoportábel molestia da nosa saúde Repasamo-las implicacións do Tratado de Libre Comercio entre a UE e EEUU na nosa seguridade alimentar Por: Javier Guzmán (VSF) – El País A Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión (TTIP pola súas siglas en inglés) é un soño feito realidade. O soño das grandes corporacións agroalimentares.…

Read more »

¿Que é a converxencia reguladora no TTIP? / Juan Hernández e Pedro Ramiro

01/03/2015
By
¿Que é a converxencia reguladora no TTIP? / Juan Hernández e Pedro Ramiro

¿Que é a converxencia reguladora no TTIP? Este venres remata en Bruxelas o oitava rolda de negociacións do Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP). Tentando dar máis transparencia a un proceso que recibiu moitas críticas pola súa opacidade e adiando ata a primavera un dos puntos máis…

Read more »

Os que alimentan a fame / Martín Caparrós

28/02/2015
By
Os que alimentan a fame / Martín Caparrós

Os que alimentan a fame – Martín Caparrós edita en España o seu último e demoledor libro, titulado “El Hambre”, no que desentraña por que 805 millóns de persoas non teñen que comer – A especulación é unha das causas, como desvela este extracto dun dos capítulos A transformación da comida nun medio de especulación…

Read more »

Entrada de substancias prohibidas hoxe na UE

27/02/2015
By
Entrada de substancias prohibidas hoxe na UE

Entrada de substancias prohibidas hoxe na UE No eido agroalimentar, o obxectivo do TTIP é harmoniza-las políticas de Europa e Estados Unidos para favorece-las exportacións. Unha misión difícil, porque actualmente as políticas agroalimentares das dúas rexións son galaxias afastadas. Tra-la aprobación do acordo, poderiamos atopar nos nosos pratos alimentos tratados con substancias hoxe prohibidas en…

Read more »

Tribunais privados para litixios entre empresas e estados

23/02/2015
By
Tribunais privados para litixios entre empresas e estados

Tribunais privados para litixios entre empresas e estados Chámase ISDS (Investitor-State Dispute Settlement) e é a cláusula máis controvertida do TTIP. Establece que as multinacionais poden denuncia-los gobernos cando desenvolvan políticas contrarias ós seus intereses. Estes procesos serían xulgados por tribunais de arbitraxe privados á marxe da xustiza dos distintos países. Francia e Alemaña declararon…

Read more »

Edgewater non poderá reclamar en Europa compensación por danos patrimoniais

23/02/2015
By

Edgewater non poderá reclamar en Europa compensación por danos patrimoniais tra-la negativa da Xunta a Corcoesto A Comisaria Europea de Comercio Exterior, Cecilia Malmström, confirma que a transnacional canadense non pode invoca-lo Acordo Económico e Comercial Global (CETA, polas súas siglas en inglés) para impugna-la decisión do Executivo galego, que cancelou a proposta mineira por…

Read more »

Permisos para o “fracking” e menos protección ambiental

22/02/2015
By
Permisos para o “fracking” e menos protección ambiental

Permisos para o “fracking” e menos protección ambiental O debate arredor do aprovisionamento enerxético é outro punto chave do TTIP. As discusións céntranse especialmente sobre a técnica de adquisición de gas a través do fracking, fracturación de rocas a grande profundidade coa axuda de auga a presión con compoñentes químicos que permiten liberar e recolle-lo…

Read more »

A nova lei do mercado / Elena Parreño e Monica Pelliccia

22/02/2015
By
A nova lei do mercado / Elena Parreño e Monica Pelliccia

A nova lei do mercado Europa e EEUU dispóñense a aprobar este ano a área de libre comercio máis grande do mundo co TTIP, acordo con negociacións ó marxe da opinión pública a pesar de supor un impacto en sectores fundamentais como o traballo, a sanidade ou a alimentación. Un tratado de libre comercio entre…

Read more »

Morres coa austeridade? Que che parece un tratado de comercio? / Robert Kuttner

16/02/2015
By

Morres coa austeridade? Que che parece un tratado de comercio? Robert Kuttner Europa está ó bordo doutro cabeceo que a afunda na deflación prolongada. O crecemento do PIB está flotando arredor do cero. Alemaña, como motor das exportacións, continúa tirando, pero a costa do resto do continente, vítimas das demandas de austeridade nos orzamentos impostas…

Read more »


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!